ACTIVIDADE 3: CONVIDAMOS Á PROTECTORA DO MORRAZO

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita da Protectora do Morrazo, unha das súas traballadoras, Lorena viu acompañada dunha voluntaria e dous policías locais para contarnos un montón de cousas interesantes sobre o coidado e atención que se lles dan aos cans na súa protectora.

Ademais faláronnos da responsabilidade que debemos  asumir cando adoptamos un can, dos coidados e necesidades que teñen, de cariño, alimentación, hixiene, vacinas...

Tamén nos falaron da obligatoriedade de identificalos cun microchip para localizalos en caso de que se perdan e como debemos transportalos no coche.

O que máis nos gustou é saber que xa podemos colaborar de maneira activa con eles, sacando aos cans e cadelas a pasear os fins de semana coa nosa familia, adoptando e tamén apadriñando un destes cans no cole.

Aquí tedes algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos e para que coñezades a Pepiño e ao seu amigo!!!















Comentarios

Entradas populares